Pakolas en concerto

cartel pakolas nuevo más pequeño

Paco Cerdeira ven de lanzar en Decembro de 2017 o seu primeiro libro-disco en solitario “Pakolas”, nome co que se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Este novo traballo musical para os mais peques é no que se basea este espectáculo, editado pola Editorial Galaxia, na súa colección Sonárbore, en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia“Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender”. Chega con este novo traballo cantando historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas: “Baldomero o mero”, “Xabarín con bombín”, “Furafollas”, “A Quenlla Madrugadora” , “Mc Pac”, “Ri salta ri corre” , etc.

Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, neste espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción coas nenas e nenos en que os fai partícipes, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

IMG_3834_2
Pakolas no Pazo da Cultura de Carballo

“Baldomero o Mero” da moita importancia aos bens materiais, pero o resto de peixes ben que lle demostran o contrario; “Xabarín con Bombín”, que é moi bailarín, porque ao final todos e todas podemos chegar a ser o que queiramos ser…. Todos estes animais e mais poderedes atopar nas súas cancións deste espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR a ritmo moi rockeiro e guitarreiro. En definitiva un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia. Pakolas incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores, dos mais aclamados polo público, que forman parte das propostas para público infantil.

IMG_3430
Pakolas no Auditorio de Arteixo

Ficha Artística

  • Dirección: Paco Cerdeira
  • Música e son: Paco Cerdeira (Pakolas) (*)

Ficha Técnica

  • Espectáculo: Musical
  • Escenografía: Laura Romero
  • Duración: 60 min (aprox)
  • Idioma: Galego
  • Público: Infantil e familiar.
  • Escenario: Ancho: 4,0 m; Fondo: 3,0 m; Alto: 3,0 m.
  • Montaxe: 2,5 horas.
  • Desmontaxe: 1,5 horas.
  • Equipo de son: (a toma de corriente deberá ser de 220 voltios con toma a terra). Equipo propio, para un aforo máximo de 500 persoas en auditorio pechado e 300 en espazo aberto. No caso de maior aforo precisarase aproximadamente 4Watios RMS/persona.

(*) Dende o punto de vista técnico da música, Paco Cerdeira interpreta en vivo e directo a través da súa voz cantando e tocando a guitarra, e completa o conxunto do espectáculo cunhas bases gravadas de baixo e batería fundamentalmente, que conforman a composición musical

WordPress.com.

Subir ↑