«Pakolas» é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para @s mais cativ@s. Este é o nome que que lle gusta que o coñezan entre a poboación de curta idade. Ten longa traxetoria neste eido profesional, pasando por grupos como Mamá Cabra do que formou parte durante 10 anos, sendo fundador e formando parte de A Gramola Gominola na actualidade (compositor, guitarra e voz), e presentando tamén un proxecto individual e moi persoal para o público mais pequeno e as familias, «Pakolas», que xa conta con dous librodisco no mercado e leva xirando coas súas cancións por toda Galicia dende o mes de Abril de 2017 cos seus espectáculos.
Nesta páxina web poderedes coñecer moito mais:
- TRAXECTORIA PROFESIONAL
- ESPECTÁCULOS
- VÍDEOS DOS ESPECTÁCULOS E FOTOS
- A súa AXENDA, non vos perdades os seus concertos!
- A DISCOGRAFÍA editada en Libro-discos. A ESTREA do libro-cd RAMONA ÓRBITA, A DONA DO TEMPO
- Escoitar as súas CANCIÓNS
- E os seus DATOS DE CONTACTO para calquer suxerencia, contratación, etc.