E ti, que festexas hoxe?
Sexa ou non día de festexo, a vida hai que celebrala e sempre con moito rock and roll. En Pakolas atoparás diferentes datas coas que poder festexar e aprender: a música, a lingua, os días mundias nos que reinvindicar, a escola, os libros, as bibliotecas, as nosas científicas, o medio ambiente, a reciclaxe, as nosas tradicións, os xogos, a nosa cultura, e moitos mais….. Vén a descubrilas nas nosas redes sociais!
Corre, brinca, ri, imaxina, rockea, gabea, canta, baila e xoga!! Xoga moito!!! Hoxe festexamos o Día Internacional do Xogo , pero xogamos tódolos días, porque ademais é o noso xeito favorito de aprender.
O principal obxectivo do día de hoxe é salientar o dereito ao xogo para os nenos e nenas, recollido no artigo 31 da Convención sobre os Dereitos Infantís das Nacións Unidas.
O 17 de Maio festexamos un ano mais o Día das Letras Galegas co homenaxeado Paco del Riego, e por suposto, rockeando en galego sempre, con Ramona Órbita e a Ramona pequena.
O 12 de maio é o Día Escolar das Matemáticas, unha das asignaturas preferidas da nosa Ramona pequena, e o Día Internacional das Mulleres Matemáticas, e a nosa Ramona Órbita, facedora de extraordinario cálculo mental, non podía deixar de festexar con algunhas das Matemáticas Galegas. Coñecédelas?:
1. Peregrina Quintela Estévez. (Vigo, 1960) é unha profesora e investigadora galega de matemática aplicada, gañadora do Premio María Josefa Wonenburger en 2016, concedido pola Xunta de Galicia
2. María Josefa Wonenburger. Ela da nome ao premio de Peregrina, (Oleiros, 1927 – A Coruña, 2014) foi unha matemática galega que desenvolveu os seus traballos de investigación nos Estados Unidos e Canadá. Foi a primeira muller española en recibir unha bolsa Fulbright.
3. María Elena Vázquez Cendón. (Ourense, 1966). Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora de matemática aplicadada na Facultade de Matemáticas da USC, foi vicerreitora da USC, e é decana da Facultade de Matemáticas dende 2017
4. María Elena Vázquez Abal. (Pontevedra, 1960). Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realizou o seu doutoramento. Dende 2020 é a presidenta da Comisión de Mulleres e Matemáticas da Real Sociedade Matemática Española (RSME)
5. Victoria Otero Espinar. Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Otero completou a súa formación investigando en centros de Estados Unidos e Francia. Foi decana da Facultade de Matemáticas da USC entre 2009 e 2017
6. Josefina Ling Ling. estudou o primeiro ciclo da licenciatura en Matemáticas na Universidade Autónoma de Madrid. É profesora titular da área de Astronomía e Astrofísica no departamento de Matemática Aplicada da USC, e traballa como investigadora e divulgadora no Observatorio Astronómico R. M. Aller. Tamén foi secretaria do equipo de goberno da Facultade de Matemáticas desde 2009 até 2017. Pertence á Comisión Muller e Astronomía da Sociedade Española de Astronomía, e desenvolve unha importante actividade divulgadora, participando en actividades para fomentar as vocacións femininas en ciencias como Unha enxeñeira ou científica en cada cole
7. Carmen Cadarso Suárez (finada aos 61 anos). Catedrática de Estatística da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Promotora de Biostatech, unha spin-off xurdida do grupo multidisciplinar GRIDECMB, do que era Investigadora principal.
8. Rosa María Crujeiras Casais (Ribeira, 1978) é profesora titular no Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Despois dunha longa traxectoria neste eido, dentro e fóra da facultade compostelá, agora vén de ser nomeada directora científica do recentemente creado Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).
Feliz día a tódalas #NAIS rockeiras!
🤘🌼Aí vén o Maio,
de frores cuberto! 🌼🤘
No mundo rockeiro de #Pakolas non podemos facer pasar festexo, e este vai coa canción composta para o Ferrol de Frores Cuberto! Lembrádela? Aquí a tedes. Este ano vémonos o día 5 de Maio nunha das festas escolares mais bonitas do mundo mundial, viva o Ferrol de Frores Cuberto!
🎉Feliz Día do Libro Infantil🎉 Libros para soñar, para voar, para viaxar, para aprender, e por suposto para escoitar, con moito rock and roll!
Neste ano 2023 festéxase con esta mensaxe do autor Yagalis Iliopoulos. E neste mes de Abril de 2023 tamén chega o próximo libro de Pakolas, «A Ramona pequena vai á Lúa» a partir do 14 de Abril. Agardamos ter moitas alegrías con el!
Xa sabemos que a moitas non vos gustarán, pero lembrade, AS MATEMÁTICAS ESTÁN EN TODAS AS PARTES, ata na PIZZA! A esta fáltalle un chisco de altura e algo de raio, e sobre todo para o volume total faltan 3 bos cachos
En novembro de 2019, a UNESCO declarou o 14 de marzo como Día Internacional das Matemáticas. En moitos países xa se celebraba como o día do número Pi (si, o afamado 3.141592653589……) que redondeado a dúas cifras decimais é 3,14 e coincide co formato desta data no mundo anglosaxón (3/14)
💪💜Hoxe 8 de Marzo é o Día da Muller. E un ano mais no que Ramona Órbita se suma ás reinvidicacións deste día, tan necesarias. Festexámolos avances pero pedimos cambios para as que están e as que virán.
O 21 de Febreiro é o día da LINGUA NAI, e nós como xa sabedes, LUCÍMOLA EN GALEGO. Rockeamos, xogamos, contamos, cantamos e falamos en galego!
O 11 de Febreiro reinvindicamos o recoñecemento da muller e da nena na ciencia! Xa sabedes que por aquí Ramona Órbita é labrega, pero tamén é unha tola das ciencias, resolve ecuacións e ten unha memoria matemática incrible www.pakolas.com/ramonaorbita
Mentres non vos presentamos á Ramona Pequena, facémolo coa nosa Carmela que tamén ten moito de científica, na súa fábrica non para de investigar
O 23 de Febreiro festexamos polo país adiante o Día de Rosalía, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da nosa autora mais universal, Rosalía de Castro. «Agasalla un libro en galego e unha flor», campaña que promove a AELG dende 2010. Dende Pakolas e como particular homenaxe, deixamos por aquí a Rosalía escoitando unha boa canción rockeira en galego, e xa que estamos, propoñemos un LIBRO-CD, que os hai ben xeitosos onde escoller, coma o de Ramona Órbita
O 17 de Maio é o Día das Letras Galegas, e no 2022 festexámolo co homenaxeado Florencio Delgado, e por suposto, rockeando en galego.
EN GALEGO, HOXE E SEMPRE!