«A Ramona pequena vai á Lúa»

ESTREA no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra! 

salon20233

Viaxa coa Ramona pequena dende os seus pensamentos ata a Lúa, dende as súas inquedanzas ata as súas xenialidades e dende o seu maxín ata onde queiras chegar.  Quebra os límites con nós nesta nova aventura rockeira!

DISPOÑIBLE A PARTIR DO 15 DE ABRIL!

PIX_2694

En Abril de 2023 sae editado terceiro traballo en solitario de Pakolas, “A Ramona Pequena vai á lúa” (Ed. Galaxia), unha nova entrega das historias da súa labrega inventora favorita, Ramona Órbita, e desta volta a máquina do tempo lévanos á súa infancia.

Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniños. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne, «A volta ao mundo en 80 días», «20 mil leguas de viaxe submarino», «Viaxe ao centro da terra» e sobre todo un que lle espertaba a mais grande das curiosidades, «Da terra á lúa», que lía unha e outra e outra vez. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta: que tipo de leiras habería nela? Poderíase cultivar na súa superficie? Habería auga? Viviría alguén aí? Saberían, ou polo menos entenderían o galego? Sería mais grande que o Sol?

coasmans

Moitas personaxes poderedes coñecer neste novo espectáculo, como a profe Lupe, que sempre escoitaba atenta as dúbidas da pequena, ou á súa amiga furona Nora, coa que consigue viaxar ata a Lúa! Con estas e outras personaxes chegaremos á fin desta viaxe, que nos ensina que a imaxinación non ten límites, a nosa cabeza é un taller de ideas onde os soños poden tornarse realidade

lupe

O LibroQR recolle o conto de Ramona pequena e as letras das 10 novas cancións de Pakolas que artellan toda a historia relatada neste aventura, así como un link de descarga para as unidades didácticas, e un código QR para a descarga das novas cancións. Conta ademais cunhas fermosas ilustracións de Laura Romero, que de seguro farán as delicias dos mais cativos. A ilustradora, licenciada en Belas Artes na Universidad de Salamanca, participou en todo o proceso creativo deste novo álbum

PIX_2111

Tamén podedes escoitar algunhas delas nas plataformas dixitais de Spotify ou Deezer, e Soundcloud

Mais información, e descarga de recursos:

  1. Compra a través Web da Editorial Galaxia
  2. Descarga de Unidades didácticas
  3. Vídeo-karaokes das novas cancións
  4. Descarga do dosier do espectáculo «A Ramona pequena vai á Lúa»
  5. Descarga do dosier do espectáculo «Cores, contos e rock coa Ramona pequena»

PIX_2649

Web construida con WordPress.com.

Subir ↑