Eventos


SORTEO PECHADO. Con motivo da ESTREA do novo LibroQr de Pakolas «A Ramona pequena vai á Lúa» no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o 23 de Abril ás 12.30 h, sorteamos un exemplar a través das redes sociais entre todas as que vos animedes a asistir.  Podedes participar dende o Facebook, Instagram ou TwitterGAÑADORA: LOLA DE RIBEIRA

GANA2

O prazo para participar remata o venres 21 de Abril de 2023 ás 18.00 h, e inmediatamente darase a coñecer a gañadora ou gañador. Farase entrega do exemplar na ESTREA do espectáculo o día 23 de Abril en Pontevedra, no Recinto Feiral de celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.  


🎉🎊 ESTREA CANCIÓN + SORTEO do NOVO LIBRODISCO! 🎉🎊
Aquí está un cachiño dunhas das novas cancións de Pakolas, con todas e todos vós “Despistada” incluida no novo traballo «A Ramona pequena vai á Lúa». Seguimos coas aventuras rockeiras de Ramona, desta volta de pequena. Poñede ben as orellas e abride ben os ollos que hai algunhas pistas, que isto vai con #agasallo, co sorteo do novo libro de Sonárbore

Xa imos precisando algo de azos para a recta final desta ESTREA, así que vos pedimos que afinedes ben eses ánimos e lle deades ao enxeño, imaxinando como sería para vós Ramona pequena: un debuxo, unha foto disfrazadas/os de Ramona de nena, un vídeo, etc. AQUÍ NON HAI LÍMITES, IMAXINACIÓN E ROCK AND ROLL!! Podedes participar dende Facebook, Instagram ou Twitter. MOITA SORTE!

Faranse envíos a toda Galicia. Non hai límite de idade. O prazo para participar remata o próximo 26 de Marzo, e darase a coñecer a/o gañadora o día 28 de Marzo. Non se fará envío ata que non estea editado o novo libro. Todas as fotos e vídeos subidos para participar, poderán ser empregados de xeito público para posteriores publicacións nas redes sociais ou na web http://www.pakolas.com, cedendo a Pakolas todos os dereitos sobre as mesmas.

GAÑADORA: Carmen Vázquez

ganhadoraconcurso_ramonapequena

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


🥳S O R T E O 🥳 Coa alegría das reedicións dos dous libros de Pakolas pola EDITORIAL GALAXIA, tras varios meses esgotados no seu formato LibroCD, sorteamos un exemplar de cada un deles, a SEGUNDA edición en LIbroQR de «Pakolas«, e a CUARTA edición tamén en LibroQR de «Ramona Órbita a dona do tempo«. SORTEO PECHADO, o próximo mércores día 15 publicaremos a gañadora: SONIA CANCELA

sorteo4edGEN


O 8 de Xaneiro públicase en dixital o Calendario Científico Escolar 2023, no que se recollen moitas das propostas enviadas por Pakolas a finais do ano 2022, inspiradas no mundo da música e das personaxes dos seus espectáculos e libros. O Calendario podedes descargalo eiquí, na súa versión en galego

E dende o 8 de Febreiro, ata o día 15, podedes participar no sorteo de tres exemplares en papel que se organiza a través das nosas redes, Facebook, Instagram e Twitter. SORTEO PECHADO

sorteocalendario2023

E eiquí as propostas enviadas por Pakolas para este ano 2023! Que fan Rita Queimadelos, Teresa Mirás, Begoña Vila ou Brian May todas xuntas? Pois formar parte deste nova edición do Calendario Científico Escolar. A nosa Ramona Órbita, muller inventora galega, quixo este ano seguir dando valor a estas gran mulleres científicas galegas, tamén a rockeiros tan afamados, a inventoras e a avances no mundo musical rockeiro que nos rodea. Podedes gozar deste marabilloso calendario cada día.  

propostas2023_apaisado

todas


Para rockear e tocar a guitarra eléctrica o que precisamos é unha boa «púa»! Pakolas vén cunhas moi molonas e ademais tedes boa nova, porque podedes participar no SORTEO de 15 pares delas nas redes sociais de FacebookInstagram e Twitter. 

E xa podedes consultar a resolución do SORTEO, en cada rede FacebookInstagram e Twitter. 

sorteopugasface1


O Calendario Científico Escolar 2022 recolle as propostas de Pakolas, de libre descarga en galego eiquí.

2022 calendario PROPOSTO FACE

O Faro Educa de Faro de Vigo do día 8 de febreiro de 2022 recolle as achegas enviadas dende Galicia e dende este noso mundo rockeiro para a confección do Calendario Científico Escolar por parte do CSIC, salientando as científicas galegas nesta semana de celebración da Muller e a Nena na Ciencia, e lembrando nosa científica e labrega favorita, Ramona Órbita, protagonista do último librodisco de Pakolas.  Aquí podedes atopar o artigo completo

Faro de Vigo - Faro da Escola-1

O 11 de Xaneiro públicase en dixital o Calendario Científico Escolar 2022, no que se recollen moitas das propostas enviadas por Pakolas a finais do ano 2021, inspiradas no mundo da música e da personaxe do seu último librodisco «Ramona Órbita, a dona do tempo», unha muller galega da Serra do Courel, científica e inventora que posúe unha máquina do tempo. 

2022 calendario PROPOSTO FACE

Así foron enviadas propostas relacionadas con mulleres científicas e inventoras galegas, e tamén efemérides relacionadas coa música, como a patente da guitarra eléctrica ou a música mais afamada do «theremin». O Calendario podedes descargalo eiquí, na súa versión en galego.

propostas_calendario_2022_2


Pakolas no LGx15 (Edición 2021)

Aínda que ao mellor non o imaxinades, o meu percorrido lingüístico bebe das dúas marxes do Atlántico, de México e Galicia. Como é posible? Son fillo de galegos pero fun moi pequeno para aló e regresei hai pouco máis de 20 anos. Hoxe a miña vida profesional e persoal é en galego, pero quero contarvos como cheguei ata aquí, como me deixei acoller polo galego.

LGx15_2021_persoa_cerdeira

Mais info en www.lgx15.gal/2021/paco-cerdeira-pakolas/

Aquí podedes ver o paso de Pakolas polo LGX15 https://www.youtube.com/watch?v=skiwQddtyOw&t=6s


Pakolas e Laura Romero participan no Especial Cabalgatas 2022 da TVG. 

O 5 de Xaneiro de 2022 festexouse polo país adiante a chegada dos Reis Magos. A TVG emitiu un especial dende as sete cidades galegas, e Pakolas e Laura Romero participaron dende os platós da TVG co seu rock infantil e a súa ilustración en directo. Podedes velo eiquí.


Web construida con WordPress.com.

Subir ↑