Chega Ramona Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprendernos a protexer a natureza!!!

Neste novo libro contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha súper muller labrega da Serra do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora, posuidora dunha horta cibernética de patacas automáticas, e dona dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.
Así, a través das cancións, a narración e as ilustracións, imos saltando a diferentes épocas, dende as cavernas ata o futuro. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume; visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento e participar da emoción das súas creacións, acode ao Antigo Exipto cun tal Ramsés que lle cheiran os pés; ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, que significa Tears in my eyes, por ver como está o mundo de fume e smoge, e toda a axuda que vai precisar para solucionalo, etc. Todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

Pasando as follas ou escoitando as cancións, percorreremos de golpe varios séculos: a Prehistoria, o Medievo, o Renacemento, a China Imperial, o antigo Exipto, a Idade Media, e mesmo viaxaremos ao futuro!! Moitas aventuras, personaxes e peripecias que gustarán por igual á xente miúda e a maiores.

Esta é a historia que nos presenta Paco Cerdeira, Pakolas, no seu último traballo, o libro-cd de música infantil “Ramona Órbita. A dona do Tempo”, unha personaxe inspirada na súa bisavoa Ramona. Esta é unha muller ben curiosa e sobre todo preocupada polo medio ambiente e por protexer a natura, e mellorar o noso futuro. Ben seguro que gustaredes de coñecela!

O libro-CD recolle o conto de Ramona e as letras das 10 novas cancións de Pakolas que artellan toda a historia relatada neste aventura, así como un link de descarga para as unidades didácticas. Conta ademais cunhas fermosas ilustracións de Laura Romero, que de seguro farán as delicias dos mais cativos. A ilustradora, licenciada en Belas Artes na Universidad de Salamanca, participou en todo o proceso creativo desta peculiar personaxe e as súas peripecias.

No mes de Nadal, tan só cinco meses despois da súa primeira edición en Agosto de 2020, o librodisco «Ramona Órbita, a dona do tempo» de Pakolas e Laura Romero, volve ao prelo da edición a por 500 exemplares mais da man da Editorial Galaxia (Sonárbore), o que constata a formidable acollida por parte do público. En setembro de 2021, un ano despois do seu nacemento chega en camiño a terceira reimpresión, tras 2.000 unidades vendidas. Aquí vos contamos mais da nosa protagonista.
Mais información, e descarga de recursos: