Paco Cerdeira (Músico, Compositor e Produtor) leva adicándose ao público infantil dende xa fai mais de 15 anos, que comezou os seus pasos como membro de Mamá Cabra (grupo de música didáctica infantil en galego), do que participou nos seus traballos durante mais de 10 anos continuadamente, sendo eixo principal dos espectáculos desenvolvidos en coles, teatros e auditorios, librerías, bibliotecas, feiras do libro, etc. Esta formación acadou gran sona e recoñecementos durante este período (2011 Premio Neira Vilas ao Disco Infantil-Xuvenil “Xa me tardan”, e 2014 Premio Galego da Música Martín Códax para Mamá Cabra na categoría Música Infantil).

Participou durante eses 10 anos como músico e produtor en varias publicacións editadas por Mamá Cabra: “Cantando comigo” (Técnico de son e Músico, ano 2004), editorial Primera Persona; “Cantando, cantando” (Técnico de son e Músico, ano 2008), editorial Primera Persona; “Patatín patatán” (Técnico de son, Produción e Músico); libro-CD-DVD da Editorial Galaxia “Ola, Ola, La!” (Músico e produción musical, ano 2010); libro-disco da Editorial Galaxia “Xa me tardan” (Músico, no ano 2011), e libro-CD-DVD da Editorial Galaxia “Bicos de música” (Músico, ano 2012). Ademais participou na música e produción das publicacións de Susa Herrera con Mamá Cabra, tamén na música infantil: “Cartas que veñen e van” (Técnico de son, Produción e Músico, ano 2006) e “Todos os animais ao caixón” (Técnico de son, Produción e Músico, ano 2008).
No ano 2014 decide formar a súa propia banda de música infantil, dada a súa longa traxectoria neste eido profesional, e nace así A Gramola Gominola, editando así o seu primeiro traballo en Libro-Cd como o Autor en Marzo de 2015, por parte da Editorial Galaxia. Crea cancións para un proxecto musical totalmente diferente ao visto ata ese momento, tendo como eixe central o Rock and Roll, explorando e mostrando moitos estilos da música contemporánea ligados ao rock, e sendo unha proposta didáctica para os máis cativos da casa. Este traballo fai un repaso polas orixes e evolución da música, que serve de fío condutor para falar de valores tan esenciais como a amizade, a familia, etc. No 2017 edítase o segundo traballo da banda (homónimo) «Cancións para Desafinar», de novo con ED Galaxia, no que nos convidan a todas e todos a rockear, e no ano 2019 publica o seu terceiro traballo, «Bravas. O rexurdir da Luz» cun espectáculo que xa está a percorrer Galicia con gran acollida entre o público. Os recoñecementos públicos de A Gramola Gominola logo chegan, estando nomeados aos Premios Galegos da Música Martín Códax na categoría Música Infantil, nos anos 2016 e 2017, e acadando o premio no ano 2018

No ano 2015 comeza a traballar no seu proxecto persoal en solitario, Pakolas, e nace así unha nova proposta para espectáculo individual. Segue traballando así con letras e composicións propias e adentrando no mundo dos contos. O seu primeiro libro-cd en solitario, do mesmo título que o seu nome, «Pakolas» é editado pola Ed Galaxia (Sonárbore) en Novembro de 2017, co respaldo do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLGA).

Son 10 composicións, no que tamén trata de traballar a música dende unha nova perspectiva logopédica, non so de contar historias e contos e interpretalas músicas nos espectáculos.
O éxito, tal como expresa o CPLGA, radica nunhas cancións con mensaxe contadoras de historias que invitan sempre a unha reflexión posterior, sendo unha ferramenta fundamental, e en galego, para estes profesionais logopédicos no seu traballo con nenos e nenas, pero que ademais, serve para tódolos públicos polo seu grado de entretemento e didáctica asociada.
Agora en 2020, e na mesma colección Sonárbore, sae editado este seu segundo libro-disco titulado “Ramona Órbita. A dona do tempo”. O libro-CD que recolle a historia de Ramona, e as letras das 10 novas cancións de Pakolas, conta ademais cunhas fermosas lustracións de Laura Romero. Neste novo libro contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, posuidora dunha horta automática con patacas cibernéticas e o seu mellor invento: unha máquina do tempo!. Con ela emprenderemos unha viaxe no tempo na procura da máquina do movemento perpetuo de Leonardo da Vinci, para xerar enerxías limpas. Así levaranos de viaxe pola Prehistoria, o Medievo, o Renacemento, pola China Imperial, ou mesmo ao futuro, con moitas aventuras, personaxes e peripecias que gustarán por igual á xente miúda e a maiores. Esta é a historia que nos presenta Paco Cerdeira, cunha personaxe inspirada na súa bisavoa Ramona.

Nos espectáculos, Pakolas como músico e narrador en formato solitario comeza a súa andaina a finais de 2016, percorrendo principalmente bibliotecas e centros de lectura nas actividades de animación á lectura de Ler Conta Moito (Xunta de Galicia), e tamén para colexios e ANPAS (funcións didácticas), feiras do libro, e outros espazos como teatros, auditorios, centros sociais xa mais na parte musical, cunha formidable acollida(Ler Conta Moito das Bibliotecas de Galicia, Cultura no Camiño de Agadic, Servizos de Normalización Lingüística, coles, etc)
Os recoñecementos públicos de Pakolas logo chegan, estando nomeado ao Premio Galego da Música Martín Códax na categoría Música Infantil, no ano 2018. O seu primeiro librodisco Pakolas esgota a súa primeira edición en menos de nove meses
