Dende fai uns anos Pakolas leva colaborando no envío de propostas para o CCE. Bulide a descargar a versión do Calendario Científico Escolar 2025, porque parece que este ano trae novidades xeitosas no mes de Abril de 2025.

31 de Abril de 1995, nace Francisco Manuel Cerdeira Castiñeiras, enxeñeiro civil pola Universidade de Puebla en México. Colaborou no desenvolvemento do formigón sintético «whitetopping» no American Concrete Institute.

Pakolas leva traballando dende fai anos para o CCE enviando propostas a incluir, pero non, non forma parte da edición do 2025, e menos no día 31 de Abril, non vaiades a mirar ao calendario. Pero nin vai ter 30 anos neste mes de Abril de 2025, carrexa xa uns poucos máis, e si é Enxeñeiro Civil, pero non traballou nas investigacións do formigón sintético. Dende a súa chegada a Galicia tras rematar a carreira en Puebla (México) decidiu dedicarse ao rock familiar en galego

Agardamos que botarades unhas boas risas, ou as botedes a partir deste momento, coa de bromas que levamos facendo estes anos xa sabemos de sobra que o 1 de Abril é o Día dos Enganos. Rockeade moito e pasádeo mellor, que rir senta moi ben.

Que teñan vostedes un FELIZ DÍA DOS ENGANOS E DAS BROMAS! Lembren sempre, «O primeiro de Abril van os burros onde non deben ir!»

Web construida con WordPress.com.

Subir ↑