Cores, Contos e Rock´n´roll con Ramona Órbita

“Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” (**) chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

Paco Cerdeira (Pakolas) guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e guitarra, e contando nesta ocasión co apoio de Laura Romero (ilustradora), dando unha nova dimensión visual coa creación en directo de debuxos con cores que acompañan ás cancións e contos que nelas se recollen, e axudando así a Pakolas na presentación das súas historias e personaxes.

IMG_20210525_215557

Laura Romero é a encargada de darlle vida a todas as súas personaxes, que atoparedes nos seus libros, a través das imaxes e debuxos cheos de colorido.

IMG-20210525-WA0034

Pakolas e Laura preséntanos o seu último librodisco, “Ramona Órbita, a dona do tempo”, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020)

Neste novo traballo contaremos e cantaremos, e debuxaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta automática con patacas cibernéticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Así, a través das cancións , a narración a as cores das ilustracións, imos saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal  Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc, todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

4


Ficha Artística

  • Dirección: Paco Cerdeira
  • Música e son: Paco Cerdeira (Pakolas) (***)
  • Ilustración: Laura Romero (****)

Ficha Técnica

  • Espectáculo: Musical e ilustración
  • Duración: 50 min
  • Idioma: Galego
  • Público: Infantil e familiar.
  • Escenario (*):  (recomendable tarima) Ancho: 5,0 m; Fondo: 3,0 m; Alto: 2,5 m.
  • Montaxe: 2 Horas.
  • Desmontaxe: 1 hora.
  • Equipo de son: (a toma de corriente deberá ser de 220 voltios con toma a terra).Equipo propio, para un aforo máximo de 400 persoas en auditorio pechado e 250 en espazo aberto. No caso de maior aforo precisarase aproximadamente 4Watios RMS/persona.  Posibilidade de proxección se se dispón de pantalla no espazo escénico.
(*) Adaptable a diferentes espazos de celebración, consultar.
(***) Dende o punto de vista técnico da música, Paco Cerdeira interpreta en vivo e directo a través da súa voz e guitarra, e completa o conxunto do espectáculo cunhas bases gravadas de baixo e batería fundamentalmente, que conforman a composición musical.
(****) Dende o punto de vista técnico Laura empregará un cabalete, pinceis (negro con combinación de varias cores) e papeis de gran formato para ilustrar imaxes acordes á música, en concordancia con cada unha das cancións do espectáculo.

Descarga o dosier profesional de «Cores, contos e rock and roll con Ramona Órbita»

Descarga o cartel de «Cores, contos e rock and roll con Ramona Órbita»

Web construida con WordPress.com.

Subir ↑