Rockeamos todas (Igualdade)

Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Na súa longa andaina de traballo nas cancións infantís, Paco sempre pon de manifesto que a música é universal pero as letras deben estar pensadas para o público miúdo. Pakolas interpreta en directo unha selección dos seus propios temas, revisados e rigorosamente escollidos para a ocasión, recollidos en libro-cds da Editorial Galaxia, nos que as protagonistas son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.

Coa súa guitarra e a súa voz ao vivo, completando con bases gravadas de baixo e batería, e co seu estilo rockeiro tan inconfundible, Pakolas fará gozar por igual a maiores e pequenas/os, coas súas músicas e a súa forza creativa.

Libro-discos:

“Ramona Órbita, a dona do tempo”, ESTREA MAIO 2020 (Ed. Galaxia- Sonárbore) Neste novo traballo contaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, posuidora duha horta cibernética e  unha máquina do tempo. Coas cancións faremos un percorrido por algunhas épocas da historia, que tiveron relevancia para o perfeccionamento da mellor invención de Ramona, a súa máquina do tempo.

“Pakolas”, Decembro 2017 (Ed. Galaxia- Sonárbore) “Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender”. Chega con este traballo cantando e contando algunas das historias fantásticas na que os  animais serán os protagonistas: “Baldomero o mero”, “Xabarín con bombín”, “Furafollas”, “A Quenlla Madrugadora” , “Mc Pac”, “Ri salta ri corre” , etc.


Ficha Artística

  • Dirección: Paco Cerdeira
  • Música e son: Paco Cerdeira (Pakolas)

Ficha Técnica (*)

  • Espectáculo: Musical (Igualdade de xénero)
  • Duración: 30 min (aprox)
  • Idioma: Galego
  • Público: Infantil e familiar.
  • Escenario: Ancho: 4,0 m; Fondo: 3,0 m; Alto: 3,0 m.
  • Montaxe: 2,5 horas.
  • Desmontaxe: 1,5 horas.
  • Equipo de son: (a toma de corriente deberá ser de 220 voltios con toma a terra). Equipo propio, para un aforo máximo de 500 persoas en auditorio pechado e 300 en espazo aberto. No caso de maior aforo precisarase aproximadamente 4Watios RMS/persona. Debido á situación de emerxencia sanitaria provocada polo Covid-19, o aforo de equipo de son redúcese a 150 persoas, por mor do distanciamento social que é preciso cumprir. 

Descarga dosier de «Rockeamos todas con Pakolas»

Descarga cartel de «Rockeamos todas con Pakolas»

Web construida con WordPress.com.

Subir ↑