A Deputación da Coruña vén de resolver os premios do I Certame “Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social»

Pakolas e Laura Romero veñen de acadar un dos 5 primeiros premios coa dotación máxima de 22.500 euros, para levar a cabo a súa proposta de «Cores e rock para un ecoloxismo molón». 20 propostas en total foron premiadas neste certame pola Deputación da Coruña.
O proxecto multidisciplinar “Cores e rock para un ecoloxismo molón, con Laura Romero e Pakolas” combina a ilustración e a pintura mural de Laura coa música galega en directo a través dun espectáculo escénico de Pakolas de «Ecoralia a lambona ecolóxica», para a visibilización de temáticas como a ecoloxía e o coidado do medio, a sensibilización medioambiental, a defensa da terra, o traballo das mulleres no agro e no mar, así como a reivindicación da lingua galega nas artes. A proposta vai dirixida principalmente ao público das cativas e dos cativos, e na súa maior parte dentro do ámbito educativo, en ciclos de infantil e primaria, especialmente ao alumnado das escolas unitarias e coles con comedores sostibles ou Km 0, pero tamén aos centros de educación especial. Engádese ademais algún centro ou biblioteca singular relacionada co obxecto do proxecto (medio ambiente) ampliando así proposta escénica musical e mural ao público xeral familiar.

A primeira parada deste proxecto será na Biblioteca do CEIDA en Oleiros (Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga). O concerto de Pakolas con «Ecoralia» co remate da intervención mural de Laura Romero terá lugar o xoves 10 de xullo ás 19.00 h da tarde, e require inscrición previa para control de aforo https://www.ceida.org/gl/formulario-confirmacion-de-asistencia-contacontos, tamén no teléfono 981 630 618 (de luns a venres de 10.00 a 14.00 h)

As seguintes intervencións e concertos serán en colexios públicos a partir de setembro de 2025.
A segunda parada do proxecto terá lugar en Mesía, na EEI de Visantoña, para todos os nenos e nenas das unitarias de Visantoña e Olas e as súas familias. O concerto de Pakolas terá lugar o xoves 25 de setembro en horario escolar. A intervención mural de Laura Romero desenraolarase os días 24, 25 e 26 de setembr tamén en horario escolar.

A terceira parada do proxecto tivo lugar na Escola Unitaria de Gaioso en Compostela, onde se uniu tamén o alumnado de EEI de Bispo Teodomiro xunto co EEI do Gaioso. Unha mostra do mural realizado, e o concerto que tivo lugar o 17 de outubro de 2025.
E aquí un resumo da visita á Escola do Gaioso.
A cuarta intervención artística ten lugar no EEI Deán Grande de Ribeira, do 27 ao 29 de outubro de 2025.
A quinta parada será este 20 e 21 de novembro na Escola CEE de Pontevedra.

E por último, estaremos no Comedor Km 0 de CEIP de Carral os días 3, e e 5 de decembro, escola que leva anos apostando polo seu comedor sostible con insignia Slow Food Compostela da man do seu cociñeiro Adrián Viñas Nión (ver artigo)
GRAZAS!