
Pakolas leva traballando dende uns meses para un novo proxecto, pero non, non formará parte das participantes do novo Masterchef Celebrity 10, que tampouco se estrea o 31 de Abril, non vaiades a mirar ao calendario. Por agora non deixa a guitarra polos fogóns, o que si é certo é que antes de rematar o ano 2024 verá a luz un novo traballo musical, feito en colaboración co CRAEGA que de alimentos e fogóns saben ben!
Agardamos que botarades unhas boas risas, ou as botedes a partir deste momento, coa de bromas que levamos facendo estes anos xa sabemos de sobra que o 1 de Abril é o Día dos Enganos. Rockeade moito e pasádeo mellor, que rir senta moi ben.

Que teñan vostedes un FELIZ DÍA DOS ENGANOS E DAS BROMAS! Lembren sempre, «O primeiro de Abril van os burros onde non deben ir!»