Pakolas estrea o vídeoclip «Caldo de repolo»

XA DISPOÑIBLE o novo clip musical «Caldo de repolo». Pakolas presenta en vídeo xunto a artista Azul do Atlántico Ilustración  (Outubro 2025)

Esta nova canción formará parte do espectáculo «Ecoralia a lambona ecolóxica» estreado tamén no ano 2025, e que está a percorrer Galicia coa súa xira rockeira. 

As protagonistas indiscutibles deste novo clip son as patacas, o repolo, as fabas, o unto e os chourizos. E se prendemos o lume nunha boa cociña galega e as facemos rockear? Pois saénos un delicioso caldo de repolo listo para papar, collede a culler! Sabe ben esta nova canción?

Outra das protagonistas é a nosa creadora Azul do Atlántico, que nos preparou con tanto agarimo e bo facer a producción deste novo vídeo, con montaxe e ilustración. A técnica empregada para este videoclip chamase stopmotion, coa creación das personaxes a partir das formas dos ingredientes do caldo con cores vivas e coa axuda da acuarela, gouache, lápices de cores e pintura acrílica. estas personaxes adquiren mobilidade a través dun storyboard coa idea principal, e algunas escenas que foron surxindo cos elementos principais. En definitiva unha cámara, unha mesa chea de recortes e de personaxes, e moitas horas de fotos e montaxe, e por suposto moita arte!

Aquí unha parte do COMO SE FIXO?

E se queredes escoitar a entrevista na Radio Galega, dádelle ao play.

QUE APROVEITE! GRAZAS!  

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Web construida con WordPress.com.

Subir ↑