Pakolas estrea o vídeoclip «Voltar»

Xa dispoñible o novo clip musical «Voltar». Pakolas presenta en vídeo xunto á Ramona pequena unha das cancións recollidas no LibroQr “A Ramona pequena vai á Lua” (Ed Galaxia 2023)

Toda esta historia comezou cunha nova tan desalentadora á vez que tan común entre as terrícolas: «temos que cambiar a neveira (un gasto mais!)» E diredes, este rockeiro toleou?….pois non, axiña poderedes descubrir en que se transformou a caixa de cartón que contiña tal electrodoméstico para argallar esta nova aventura.

As protagonistas son Pakolas, autor da canción «Voltar» e tamén das disparatadas ideas que xorden na súa cabeciña, e alentado pola súa filla Carmela, que indiscutiblemente se converte na artista principal, a nosa Ramona pequena.

carmelae papa reparando motor

E a vós que é o que mais vos gusta facer, rapazada?, ademais de rockear?, pois xogar miles e miles de horas. Pois iso fixemos nestas semanas, converter unha simple caixa de cartón en moitas horas de diversión, e conseguimos unha nova nave espacial!

carmela despegando 2

Como ben sabedes Ramona era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa, espelida, e que conseguiu nada mais e nada menos que alá polo 1967 viaxar ata a Lúa! Pois non dubidedes que iremos ata a Lúa con ela, e tamén como non imos VOLTAR! Subides connosco nesta viaxe espacial? VIDE! Novo Vídeo clip dispoñible en Youtube 

Ups, creo que trouxemos unha nova habitante para o planeta Terra, non a vistes?

Marcianito

E o «Como se fixo?»

GRAZAS!  

making_portada_twi

Web construida con WordPress.com.

Subir ↑